Golden Horse Film Festival | |
---|---|
![]() | |
Subclase | festival de cinema e cerimonia de premiación ![]() |
Data | |
Fundación | 1962 ![]() |
Mes do ano | novembro e decembro ![]() |
Características | |
Trofeo outorgado | Golden Horse Awards (en) ![]() ![]() |
Localización | |
Localización | Taipei ![]() |
País | Taiwán ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | goldenhorse.org.tw ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Taipei Golden Horse Film Festival and Awards (en chinés 台北金馬影展 Táiběi Jīnmǎ Yǐngzhǎn) é un festival de cinema e cerimonia de premios que se celebra anualmente en Taiwán, establecida en 1962 pola Oficina de Información do Goberno da República da China. A cerimonia de entrega de premios realizouse tradicionalmente en novembro ou decembro en Taipei, non obstante nos últimos anos rota por diversas cidades da illa.
En 1990 a organización pasou á Fundación para o Desenvolvemento do Cine que estableceu un Comité Executivo encargado de organizar o festival e a cerimonia de premios, e que se converteron no equivalente aos Premios Oscar para filmes de lingua chinesa xunto cos Hong Kong Film Award, Golden Rooster Awards e Hundred Flowers Awards. Tamén é un dos principais premios en Taiwón cos Golden Bell Awards para a produción televisiva e os Golden Melody Awards para a música.
O período de remisión de filmes é en xullo e agosto de cada ano e os nomeamentos coñécense en outubro, os gañadores son seleccionados por un xurado e os premiados reciben unha estatuíña dun cabalo dourado durante a cerimonia.